Custou pero foi! Pacientes con artrite reumatoide, espondilite aquilosante e outros tres tipos de artrite (psoriática, idiopática xuvenil poliarticular e psoríase en placas) van ter medicamentos gratuítos moi pronto.
Segundo o artigo do portal aeiou Artrite: Medicamentos de balde dentro dun mes :

Doentes que sufran de artrite reumatoide, espondilite aquilosante e outros tres tipos de artrite (psoriática, idiopática xuvenil poliarticular e psoríase en placas) van ter unha axuda extra. Os medicamentos necesarios para o tratamento destas enfermidades pasan a ser de balde, revela hoxe o DN.
É a resposta do Goberno a unha reivindicación antiga destes pacientes, que gastan miles de euros ao ano en medicamentos. Ata agora, non contaban con ningunha axuda.